Histeria Teatro
Arriba o pano!
Páxinas
Onde atoparnos
Revista de prensa
Últimas do blogomillo
Somos un grupo de teatro afeccionado que naceu hai cousa de sete anos no barrio de San Pedro, o máis bonito de Compostela e do mundo. Fixemos obriñas curtas, skecthes, monólogos cómicos, café teatro... Actuamos en salas grandes e pequenas, e mesmo no medio do monte. Agora estamos preparando (con mooooita calma) O porqué do por que, de Xavier Picallo.
Histeria está constituída dende hai por aí sete anos como asociación cultural e prestadora de servizos á mocidade, coa seguinte xunta directiva. Somos os que estamos e estamos os que somos :), somos tan asembleari@s que cada membro da asociación (somos catro), ten un cargo...
Presidente: Miguel Rozados Lorenzo
Vicepresidenta: Dolores Picallo Piñón
Tesoureira: Pilar Muñiz Sobrido
Secretaria: Lara Rozados Lorenzo
Ademais de visitar o noso blog, podes consultarnos no correo electrónico histeriateatro@gmail.com ou no teléfono 658 288 872.
Tamén podes consultar aquí o que levamos feito, e buscar máis anotacións sobre nós neste blog.
chuzame -
Histeria Teatro WordPress Theme by Template Monster