Histeria Teatro
Arriba o pano!
Páxinas
Onde atoparnos
Revista de prensa
| L | M | M | X | V | S | D |
|---|---|---|---|---|---|---|
| « Xull | ||||||
| 1 | 2 | 3 | ||||
| 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 |
| 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 |
| 18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 |
| 25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 | 31 |
Archive for the 'Sobre nós' Category
07 10th, 2008
Aquí temos unha colección de imaxes tiradas por Quico Lorenzo, na nosa función de O porqué do por que, no local da Federación de Animación Sociocultural Itaca, o 2 de abril do 2005, inmediatamente despois da Asemblea Xeral Ordinaria. Para leres o título, pasa o rato por riba, e para velas máis grandes, clica sobre cada unha delas.
chuzame - 05 30th, 2008
Esta vez vamos en serio: dende xuño pensamos ensaiar todiños os días un par de horas. Xa avisaremos cando haxa datas...
chuzame - 03 12th, 2008
Por causas alleas á nosa vontade, aínda non demos feito, pero unha vez que remate a Santa Semana e esteamos máis centrad@s, poñémonos a ensaiar, en serio e de verdade, O porqué do por qué. Como adianto, unha fotiño da nosa actuación no local da Federación Itaca, hai cousa de tres anos (xa! Arrebicho, como pasa o tempo).
chuzame - 03 3rd, 2008
Logo dun fermoso reencontro diante dunhas cañas para poñérmonos ao tanto das nosas vidas, esta semana volvemos ensaiar en serio! E tamén anunciamos que para finais desta semana estaremos en www.paginas-amarillas.es, como Asociación Cultural. En calquera caso, podedes contactar connosco, como sempre, a través deste blog, do correo histeriateatro@gmail.com ou do número 658 288 872.
chuzame - 01 29th, 2008
Aquí podedes descargar (en .pdf e tan só 82 lixeiros KB!) un resumiño da nosa actividade: que obras fixemos, onde, cando, quen estabamos e demais ficha técnica e artística. En breve subiremos o noso arquivo de textos teatrais:
chuzame - 08 22nd, 2007
... Un actor e tres actrices. Levan dende o 2001 facendo obriñas pequechas, monólogos, animación de rúa e moitas outras cousas. Este grupo de teatro afeccionado nado no barrio compostelán de San Pedro ensaia cando pode (que é máis ben pouco), e agarda poder presentar en breve O porqué do porqué, escrita e dirixida por Xavier Picallo. Mentres non dan feito para quedar un día e pórse a ensaiar, van ocupando un pequeno espazo no blogomillo. O pano xa está arriba. Gocen da función...
chuzame - Histeria Teatro WordPress Theme by Template Monster