This entry was posted on Mércores, Xullo 2nd, 2008 at 00:00 and is filed under (Boas) noticias, Textos teatrais. You can follow any responses to this entry through the RSS 2.0 feed. You can leave a response, or trackback from your own site.
Histeria Teatro
“Se a xente quere ver algo doado de entender, non debería ir ao teatro. Debería ir ao cuarto de baño.” Bertolt Brecht
Arriba o pano!
Aquí podes atopar información relacionada co noso grupo, co teatro afeccionado e coas artes escénicas e a literatura dramática en xeral... Pero tamén podes contribuír! Comenta o que queiras ou contáctanos en histeriateatro@gmail.com.
Páxinas
Onde atoparnos
Revista de prensa
Hai pouco falabamos das moitas posibilidades que nos ofrece a rede de redes á hora de buscarmos texto. Agora temos unha moi boa noticia: o venres pasado presentouse o segundo libro publicado por Estaleiro Editora, unha iniciativa cultural sen ánimo de lucro, que aposta pola libre distribución dos seus produtos: trátase de Fume / Insomnio, de Rubén Ruibal e Carlos Losada.
Estaleiro Editora presenta así o seu segundo volume (o primeiro fora o poemario Plan de fuga, de Alberto Lema), e inaugura unha nova colección, coa que pretende explorar novas vías de difusión para o noso teatro, xénero "habitualmente desatendido e minorizado no sistema editorial galego". Podemos obtelo xa a través do web da editora, por medio da descarga libre e gratuíta.
Este selo aposta pola edición independente, e quere, coa apertura desta nova liña de publicación, "afondar na súa configuración como alternativa ao circuíto oficial da literatura e do pensamento subsidiados, de que tanto vén dependendo o teatro galego e ten como obxectivo a creación dun espazo de liberdade para a dinamización cultural á marxe das institucións oficiais".
Actores e fundadores da compañía Teatro Cachuzo, os autores contan cunha ampla traxectoria no sistema teatral galego. Rubén Ruibal (Ribadeo 1970) foi gañador do premio Álvaro Cunqueiro 2006 con Limpeza de sangue (o sangue fai ruído), editado por Edicións Xerais de Galicia en 2007, e Premio Nacional de Literatura Dramática. Carlos Losada (Cambados 1966) foi gañador do premio Manuel María de literatura dramática infantil (concedido polo IGAEM) pola súa obra Game Over (Xerais 2007). Parabéns aos autores e á editorial por difundiren o teatro dende a cultura libre!
chuzame -
Leave a Reply
Histeria Teatro WordPress2 is proudly powered by WordPress
Histeria Teatro WordPress Theme by Template Monster
Histeria Teatro WordPress Theme by Template Monster