Histeria Teatro

“Se a xente quere ver algo doado de entender, non debería ir ao teatro. Debería ir ao cuarto de baño.” Bertolt Brecht

Arriba o pano!

Aquí podes atopar información relacionada co noso grupo, co teatro afeccionado e coas artes escénicas e a literatura dramática en xeral... Pero tamén podes contribuír! Comenta o que queiras ou contáctanos en histeriateatro@gmail.com.

Páxinas

  • Quen somos?

Colegas

  • A Xuntanza
  • Berrobambán
  • Casa Atlántica
  • Comisión de Festas do Barrio de San Pedro
  • Ditea Teatro
  • Federación Itaca de Animación Sociocultural
  • Ficha na BVG de Xavier Picallo
  • Pífano Teatro

Internete

  • Blogaliza
  • WordPress

Onde atoparnos

  • CSC A Trisca
  • histeriateatro@gmail.com

Recursos

  • Biblioteca Virtual de Literatura Universal en Galego
  • Biblioteca Virtual Galega
  • Estaleiro Editora

Revista de prensa

  • La Voz de Galicia, 8 de maio do 2004

Temas

  • (Boas) noticias
  • Chegounos polo correo
  • Sobre nós
  • Textos teatrais

Recent Posts

  • Pedro e o capitán, no cinema
  • Álbum de afotos!
  • O Estaleiro bota a andar outro barco…
  • Unha atinada reflexión
  • Veña que vai!

Arquivos:

  • Xullo 2008
  • Xuño 2008
  • Maio 2008
  • Marzo 2008
  • Xaneiro 2008
  • Agosto 2007

 

Xullo 2008
L M M X V S D
« Xun    
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031  

Archive for Xullo, 2008


Pedro e o capitán, no cinema
07 14th, 2008

Hai ben anos que limos este texto impresionante de Mario Benedetti coa idea de montalo sobre as táboas. Para Miguel, esta obra e Parella aberta, de Darío Fo e Franca Rame, son dous soños. Sobre todo o papel do capitán, un dos personaxes máis complexos que se puxeron sobre un escenario. Un torturador da ditadura (unha de tantas que inzaron Latinoamérica nos 70, unha de tantas no mundo en calquera época) que comeza a obra no cumio do poder e remata asumindo o papel de torturado, sumido na miseria, descubrindo que é el quen está preso da barbarie que el mesmo alimenta, ao servizo do fascio. Agora é Miguel de Lira quen se atreve con este reto, Diego Anido quen encarna a Pedro, o torturado, e o director Pablo Iglesias, quen realiza a longametraxe.

A rodaxe, da man de Ledesma Producións, comezou o pasado luns 7 de xullo no IGI, e durará tres semanas. Xa nos tarda ver o resultado... Polo de pronto, podemos seguir o proceso no seu blog.

Chuzame! chuzame -
Read Comments(0)


Álbum de afotos!
07 10th, 2008

Aquí temos unha colección de imaxes tiradas por Quico Lorenzo, na nosa función de O porqué do por que, no local da Federación de Animación Sociocultural Itaca, o 2 de abril do 2005, inmediatamente despois da Asemblea Xeral Ordinaria. Para leres o título, pasa o rato por riba, e para velas máis grandes, clica sobre cada unha delas.

Maqueo Tiña que ser marelo… Verán, a man Bic, bic, bic, bic, bic! Eu chorar, chorei Aqu� xa estivemos!

Chuzame! chuzame -
Read Comments(0)


O Estaleiro bota a andar outro barco…
07 2nd, 2008

Hai pouco falabamos das moitas posibilidades que nos ofrece a rede de redes á hora de buscarmos texto. Agora temos unha moi boa noticia: o venres pasado presentouse o segundo libro publicado por Estaleiro Editora, unha iniciativa cultural sen ánimo de lucro, que aposta pola libre distribución dos seus produtos: trátase de Fume / Insomnio, de Rubén Ruibal e Carlos Losada.

Estaleiro Editora presenta así o seu segundo volume (o primeiro fora o poemario Plan de fuga, de Alberto Lema), e inaugura unha nova colección, coa que pretende explorar novas vías de difusión para o noso teatro, xénero "habitualmente desatendido e minorizado no sistema editorial galego". Podemos obtelo xa a través do web da editora, por medio da descarga libre e gratuíta.

Este selo aposta pola edición independente, e quere, coa apertura desta nova liña de publicación, "afondar na súa configuración como alternativa ao circuíto oficial da literatura e do pensamento subsidiados, de que tanto vén dependendo o teatro galego e ten como obxectivo a creación dun espazo de liberdade para a dinamización cultural á marxe das institucións oficiais".

Actores e fundadores da compañía Teatro Cachuzo, os autores contan cunha ampla traxectoria no sistema teatral galego. Rubén Ruibal (Ribadeo 1970) foi gañador do premio Álvaro Cunqueiro 2006 con Limpeza de sangue (o sangue fai ruído), editado por Edicións Xerais de Galicia en 2007, e Premio Nacional de Literatura Dramática. Carlos Losada (Cambados 1966) foi gañador do premio Manuel María de literatura dramática infantil (concedido polo IGAEM) pola súa obra Game Over (Xerais 2007). Parabéns aos autores e á editorial por difundiren o teatro dende a cultura libre!

Chuzame! chuzame -
Read Comments(0)

Histeria Teatro WordPress2 is proudly powered by WordPress
Histeria Teatro WordPress Theme by Template Monster