This entry was posted on martes, xuño 17th, 2008 at 00:00 and is filed under Chegounos polo correo. You can follow any responses to this entry through the RSS 2.0 feed. You can leave a response, or trackback from your own site.
Histeria Teatro
“Se a xente quere ver algo doado de entender, non debería ir ao teatro. Debería ir ao cuarto de baño.” Bertolt Brecht
Arriba o pano!
Aquí podes atopar información relacionada co noso grupo, co teatro afeccionado e coas artes escénicas e a literatura dramática en xeral... Pero tamén podes contribuír! Comenta o que queiras ou contáctanos en histeriateatro@gmail.com.
Páxinas
Onde atoparnos
Revista de prensa
Chegounos esta interesante achega á nosa caixa de correo:
Hola .
Son un veciño de San pedro de 22 anos e estaba navegando pola rede en busca dalgunha oferta teatral ou dalgun tipo de actividade relacionada no Barrio de San pedro. A miña gran sorpresa foi que era inexistente, e sen embargo sí existía de outras materias ó longo do ano. Eu creo que sería bo para o barrio e mesmo para os veciños o dispoñer de algunha oferta cultural de teatro , aínda que son consciente das posibles dificultades. E mesmo lendo na rede, encontreivos como una plataforma nacida no Barrio, polo que me pareceu moi axeitado dirixirme para dar a miña humilde opinión ou proposta a vós, como coñecedores de San Pedro e porque tedes relacion cos veciños.Sen máis que dicir espero a vosa resposta e mando unha aperta a todos os compoñentes. Saudos
En efecto, a nosa idea orixinal era crear un auténtico grupo aberto á participación de todos e todas, co CSC da Trisca como núcleo principal, onde toda a xente compartise coñecementos e experiencias, se puidesen organizar talleres... A falta de tempo e de dispoñibilidade reduciu as posibilidades ao que estamos a facer agora (ensaiar como, cando e onde podemos, a partir das oito e en bares onde non poñan a Eurocopa), pero se cadra era interesante pensar en relanzar a idea e que houbese unha plataforma de verdade para agrupar a actividade teatral do barrio (que é moita), e chegar a pensar en actividades regulares.
Sobre O porqué do por que... Iso, levamos oito días de italianas no Rei (en Concheiros) e en canto teñamos o texto como é debido ensaiaremos de vez. A ver se para setembro ou así empezamos a movela...
chúzame -
Leave a Reply
Histeria Teatro WordPress2 is proudly powered by WordPress
Histeria Teatro WordPress Theme by Template Monster
Histeria Teatro WordPress Theme by Template Monster