This entry was posted on Luns, Maio 5th, 2008 at 00:00 and is filed under Textos teatrais. You can follow any responses to this entry through the RSS 2.0 feed. You can leave a response, or trackback from your own site.
Histeria Teatro
“Se a xente quere ver algo doado de entender, non debería ir ao teatro. Debería ir ao cuarto de baño.” Bertolt Brecht
Arriba o pano!
Aquí podes atopar información relacionada co noso grupo, co teatro afeccionado e coas artes escénicas e a literatura dramática en xeral... Pero tamén podes contribuír! Comenta o que queiras ou contáctanos en histeriateatro@gmail.com.
Páxinas
Onde atoparnos
Revista de prensa
Últimas do blogomillo
Largámoslle o trasmallo aos mares cibernéticos, e viñeron nel xureliños, maraghota e algunha nécora... Aínda hai uns cantos recursos que se poden aproveitar: a nosa benquerida Biblioteca Virtual Galega conta con textos que van dende os Séculos Escuros (o primeiro texto teatral na nosa lingua, A contenda dos labradores de Caldelas, de Gabriel Feixoo de Araúxo, máis coñecida como Entremés famoso sobre a pesca no río Miño, datada por 1671) até os textos que fixo Rivadulla Corcón para Volta e Dálle (o monólogo Furga Garabela! ou Salitre), que estaban en cartel hai nada (e algún segue!), e as creacións do noso director, Xavier Picallo. De aquí tiramos pezas que levamos a escena con certo éxito, como a xenial Ai, que sería de nós sen os obreiros!, de Gustavo Pernas Cora, e outras ás que lle demos algunha lectura e que pensamos en levar á práctica, como Aproximación á muller nociva, de Xosé Luís Martínez Pereiro. Aquí atopamos dende teatro decimonónico, dramas mariñeiros e costumistas, pasando polo Novo Teatro Galego dos 60, até as olladas máis contemporáneas, que fan teatro do desastre do Prestige, por exemplo (como a mentada Salitre ou vertixe v.4.2., de Nacho Taibo).
Pero tamén podemos acceder a obras de literatura universal traducidas ao galego na Biblioteca Virtual da Asociación de Tradutores Galegos BIVIR, como clásicos de Molière (Don Xoán ou o festín de pedra, traducido por Eva Méndez Fernández).
A mellor noticia sobre teatro na rede témola na publicación, a través da plataforma A Regueifa, d'A triloxía das miniaturas, de J.J.G. Rodicio. Que un autor ou unha autora colgue da rede, baixo licenza Creative Commons, a súa creación, libre e de balde, e que a presente como unha "proposta para compañías pequenas, medianas ou afeccionadas. Que son moitas" é un moi bo sinal. Amais, a obra conta cun blog de referencia, para que cadaquén poida facer as súas achegas, polo cal o proceso de creación non está pechado nin é restrinxido, senón aberto e colectivo. Unha iniciativa moi moi sa, que pode sernos de moita utilidade ás compañías pequechas ou afeccionadas que non temos un can para pagarlle á SGAE (ou non queremos, que pasa?).
chuzame -
Leave a Reply
Histeria Teatro WordPress2 is proudly powered by WordPress
Histeria Teatro WordPress Theme by Template Monster
Histeria Teatro WordPress Theme by Template Monster