Histeria Teatro

“Se a xente quere ver algo doado de entender, non debería ir ao teatro. Debería ir ao cuarto de baño.” Bertolt Brecht

Páxinas:

  • Quen somos?

Categorías:

  • (Boas) noticias (4)
  • Chegounos polo correo (2)
  • Sobre nós (10)
  • Textos teatrais (2)
  • Xente do teatro (2)

Arquivos:

  • xuño 2009
  • marzo 2009
  • xaneiro 2009
  • novembro 2008
  • outubro 2008
  • xullo 2008
  • xuño 2008
  • maio 2008
  • marzo 2008
  • xaneiro 2008

Meta:

  • Identificación
  • Código XHTML válido
  • XFN
  • WordPress


De roedores e de vellas…

06 18th, 2009

Parece que temos unha data! 14 de novembro, na casa da cultura de San Vicente do Grove, convidad@s por NóseVós Teatro e a Asociación Cultural Roza do Pedrol. Estamos baixo mínimos: dúas actrices, un actor, e tres cabeciñas pensantes en total para (auto)dirixirnos, encargarnos de escenografía, vestiario, atrezzo, maquillaxe, carga e descarga. E dúas obras con dous personaxes cada unha:

- Ai, que sería de nós sen os obreiros, de Gustavo Pernas Cora (un dos nosos "greatest hits"), con Miguel Rozados como "Gaudencia" e Pilar Muñiz como "Carmiña" (pódese ler na Biblioteca Virtual Galega, se picades aquí).

- Hámster, de Santiago Cortegoso (parabéns, por certo, polo Premio Rafael Dieste!), con Lara Rozados como "Macho" e Pilar Muñiz como "Femia", que se pode ler na "dramateca" da web do obradoiro Dramaturxias da Actualidade, do CDG, se picades aquí.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google
Ler comentarios(0)


Día Mundial do Teatro

03 27th, 2009

Desta volta foi o dramaturgo brasileiro Augusto Boal, creador do Teatro do Oprimido, quen enxalza o teatro como vía de transformación da humanidade e do actual sistema económico:

"Todas as sociedades humanas son espectaculares na súa vida cotiá, e producen espectáculos en momentos especiais. Son espectaculares como forma de organización social, e producen espectáculos como este que vostedes viñeron ver.

Malia que inconscientemente, as relacións humanas estrutúranse de forma teatral: o uso do espazo, a linguaxe do corpo, a elección das palabras e a modulación das voces, a confrontación de ideas e paixóns, todo o que facemos no escenario facémolo sempre nas nosas vidas: nós somos teatro!

Non só as vodas e os funerais son espectáculos, senón tamén os rituais cotiáns que, pola súa familiaridade, non nos chegan á consciencia. Non só pompas, senón tamén o café da mañá e os bos días, os tímidos namoramentos, os grandes conflitos pasionais, unha sesión do Senado ou unha reunión diplomática; todo é teatro.

Unha das principais funcións da nosa arte é facer conscientes eses espectáculos da vida diaria onde os actores son os propios espectadores e o escenario é a platea e a platea, escenario. Somos todos artistas: facendo teatro, aprendemos a ver aquilo que resalta aos ollos, pero que somos incapaces de ver ao estarmos tan habituados a miralo. O que nos é familiar convértese en invisible: facer teatro, pola contra, ilumina o escenario da nosa vida cotiá.

En setembro do ano pasado fomos sorprendidos por unha revelación teatral: nós pensabamos que viviamos nun mundo seguro, a pesar das guerras, xenocidios, hecatombes e torturas que estaban acaecendo, si, pero lonxe de nós, en países distantes e salvaxes. Nós, que viviamos seguros co noso diñeiro gardado nun banco respectable ou nas mans dun honesto corredor de Bolsa, fomos informados de que ese diñeiro non existía, era virtual, fea ficción dalgúns economistas que non eran ficción, nin eran seguros, nin respectables. Non pasaba de ser mal teatro con triste enredo, onde poucos gañaban moito e moitos perdían todo. Políticos dos países ricos encerrábanse en reunións secretas e de aí saían con solucións máxicas. Nós, as vítimas das súas decisións, continuabamos de espectadores sentados na última fila das bancadas.

Vinte anos atrás, eu dirixín Fedra de Racine, en Rio de Janeiro. O escenario era pobre: no chan, peles de vaca; arredor, bambús. Antes de comezar o espectáculo, dicíalles aos meus actores: “Agora acaba a ficción que facemos no día a día. Cando crucemos eses bambús, alá no escenario, ningún de vós ten dereito a mentir. O Teatro é a Verdade Escondida”.

Vendo o mundo, ademais das aparencias, vemos opresores e oprimidos en todas as sociedades, etnias, xéneros, clases e castes, vemos o mundo inxusto e cruel. Temos a obriga de inventar outro mundo porque sabemos que outro mundo é posible. Pero atínxenos a nós construílo coas
nosas mans entrando en escena, no escenario e na vida.

Asistan ao espectáculo que vai comezar; despois, nas súas casas cos seus amigos, fagan as súas obras vostedes mesmos e vexan o que xamais puideron ver: aquilo que salta aos nosos ollos. O teatro non pode ser soamente un evento, é forma de vida!

Actores somos todos nós, e cidadán non é aquel que vive en sociedade: é aquel que a transforma!"

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google
Ler comentarios(0)


Fe de erros

01 20th, 2009

Aquí podedes descargar o noso currículo corrixido. Recibimos un correo en que nos indicaba que o proxecto "Urbis" foi iniciativa da Dirección Xeral de Xuventude, e non da Concellaría de Mocidade de Compostela, como pensabamos. Xa o amañamos, tamén no resto das ligazóns en que saía o currículo (e de paso actualizamos algúns datos).

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google
Ler comentarios(0)


Teatro e hipocrisía

11 13th, 2008

Un autor catalán (Sergi Belbel, Premio Nacional de Literatura Dramática no 96 e autor do noso "talismán", Ramón) escribe un texto que se chama Forasters, e onde fala de dor, de migracións, de identidades e de hipocrisía. Un grupo de rapaces e rapazas da Escola Municipal de Rojales (Alacante) leo, gústalle, e decide pólo en escena. A profesora que llelo dá a coñecer é suspendida de emprego e soldo por tres meses porque o Concello decide que a obra é "obscena".

Isto que contamos non pasou durante a ditadura fascista: foi estes días. Nin o autor nin a profesora dan creto: a mesma sociedade que fomenta Grandes Hermanos e lixo do corazón na televisión, que bombardea á adolescencia con incitacións ao consumo, á violencia machista ou á competitividade mediante consignas que toman forma de superéxitos musicais ou revistas chorras, sanciona unha profesora por achegarlles aos seus alumnos e alumnas unha peza de teatro particularmente crítica co sistema, porque ten expresións "malsoantes" ás que os mozos e mozas, puros e castos, non poderían acceder doutro xeito. Aínda vamos ter que cagarnos en... Ai, perdón, que igual nos censuran.

Noutra orde de cousas, onte retomamos os ensaios. A ver se desta vai e sacamos algo adiante. É momento de renovarse. Aquí temos á nosa mascota, Histeriño (unha delas, a outra miaña e chámase Catuxa), acabadiño de saír da lavadora. Pásalle como ao Cuqui de María, no centrifugado "cáelle o narís..."

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google
Ler comentarios(0)


Requiem

10 22nd, 2008

Hoxe o teatro está de loito: Rubén García, impulsor da Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia, faleceu onte aos 57 anos de idade, logo dun ano de loita contra a esclerose lateral amiotrófica. Nacera en Ribadavia no 51, e dende a asociación Abrente, no 73, conseguiu que se fixese a primeira mostra de teatro galego no país. Dende o 84, dirixiu a Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia. Perdemos a un alma mater do teatro.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google
Ler comentarios(0)


Pedro e o capitán, no cinema

07 14th, 2008

Hai ben anos que limos este texto impresionante de Mario Benedetti coa idea de montalo sobre as táboas. Para Miguel, esta obra e Parella aberta, de Darío Fo e Franca Rame, son dous soños. Sobre todo o papel do capitán, un dos personaxes máis complexos que se puxeron sobre un escenario. Un torturador da ditadura (unha de tantas que inzaron Latinoamérica nos 70, unha de tantas no mundo en calquera época) que comeza a obra no cumio do poder e remata asumindo o papel de torturado, sumido na miseria, descubrindo que é el quen está preso da barbarie que el mesmo alimenta, ao servizo do fascio. Agora é Miguel de Lira quen se atreve con este reto, Diego Anido quen encarna a Pedro, o torturado, e o director Pablo Iglesias, quen realiza a longametraxe.

A rodaxe, da man de Ledesma Producións, comezou o pasado luns 7 de xullo no IGI, e durará tres semanas. Xa nos tarda ver o resultado... Polo de pronto, podemos seguir o proceso no seu blog.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google
Ler comentarios(0)


Álbum de afotos!

07 10th, 2008

Aquí temos unha colección de imaxes tiradas por Quico Lorenzo, na nosa función de O porqué do por que, no local da Federación de Animación Sociocultural Itaca, o 2 de abril do 2005, inmediatamente despois da Asemblea Xeral Ordinaria. Para leres o título, pasa o rato por riba, e para velas máis grandes, clica sobre cada unha delas.

Maqueo Tiña que ser marelo… Verán, a man Bic, bic, bic, bic, bic! Eu chorar, chorei Aqu� xa estivemos!

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google
Ler comentarios(0)


O Estaleiro bota a andar outro barco…

07 2nd, 2008

Hai pouco falabamos das moitas posibilidades que nos ofrece a rede de redes á hora de buscarmos texto. Agora temos unha moi boa noticia: o venres pasado presentouse o segundo libro publicado por Estaleiro Editora, unha iniciativa cultural sen ánimo de lucro, que aposta pola libre distribución dos seus produtos: trátase de Fume / Insomnio, de Rubén Ruibal e Carlos Losada.

Estaleiro Editora presenta así o seu segundo volume (o primeiro fora o poemario Plan de fuga, de Alberto Lema), e inaugura unha nova colección, coa que pretende explorar novas vías de difusión para o noso teatro, xénero "habitualmente desatendido e minorizado no sistema editorial galego". Podemos obtelo xa a través do web da editora, por medio da descarga libre e gratuíta.

Este selo aposta pola edición independente, e quere, coa apertura desta nova liña de publicación, "afondar na súa configuración como alternativa ao circuíto oficial da literatura e do pensamento subsidiados, de que tanto vén dependendo o teatro galego e ten como obxectivo a creación dun espazo de liberdade para a dinamización cultural á marxe das institucións oficiais".

Actores e fundadores da compañía Teatro Cachuzo, os autores contan cunha ampla traxectoria no sistema teatral galego. Rubén Ruibal (Ribadeo 1970) foi gañador do premio Álvaro Cunqueiro 2006 con Limpeza de sangue (o sangue fai ruído), editado por Edicións Xerais de Galicia en 2007, e Premio Nacional de Literatura Dramática. Carlos Losada (Cambados 1966) foi gañador do premio Manuel María de literatura dramática infantil (concedido polo IGAEM) pola súa obra Game Over (Xerais 2007). Parabéns aos autores e á editorial por difundiren o teatro dende a cultura libre!

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google
Ler comentarios(0)


Unha atinada reflexión

06 17th, 2008

Chegounos esta interesante achega á nosa caixa de correo:

Hola .
Son un veciño de San pedro de 22 anos e estaba navegando pola rede en busca dalgunha oferta teatral ou dalgun tipo de actividade relacionada no Barrio de San pedro. A miña gran sorpresa foi que era inexistente, e sen embargo sí existía de outras materias ó longo do ano. Eu creo que sería bo para o barrio e mesmo para os veciños o dispoñer de algunha oferta cultural de teatro , aínda que son consciente das posibles dificultades. E mesmo lendo na rede, encontreivos como una plataforma nacida no Barrio, polo que me pareceu moi axeitado dirixirme para dar a miña humilde opinión ou proposta a vós, como coñecedores de San Pedro e porque tedes relacion cos veciños.Sen máis que dicir espero a vosa resposta e mando unha aperta a todos os compoñentes.        Saudos

En efecto, a nosa idea orixinal era crear un auténtico grupo aberto á participación de todos e todas, co CSC da Trisca como núcleo principal, onde toda a xente compartise coñecementos e experiencias, se puidesen organizar talleres... A falta de tempo e de dispoñibilidade reduciu as posibilidades ao que estamos a facer agora (ensaiar como, cando e onde podemos, a partir das oito e en bares onde non poñan a Eurocopa), pero se cadra era interesante pensar en relanzar a idea e que houbese unha plataforma de verdade para agrupar a actividade teatral do barrio (que é moita), e chegar a pensar en actividades regulares.

Sobre O porqué do por que... Iso, levamos oito días de italianas no Rei (en Concheiros) e en canto teñamos o texto como é debido ensaiaremos de vez. A ver se para setembro ou así empezamos a movela...

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google
Ler comentarios(0)


Veña que vai!

05 30th, 2008

Esta vez vamos en serio: dende xuño pensamos ensaiar todiños os días un par de horas. Xa avisaremos cando haxa datas...

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google
Ler comentarios(0)

« Anotacións anteriores
Histeria Teatro WordPress2 is proudly powered by WordPress
Histeria Teatro WordPress Theme by Template Monster